1ª avaliación: Substantivo e adxectivo.
Teoría. Na aula virtual e nos apuntamentos entregados na clase.
Práctica. Actividades marcadas no libro e actividades indicadas neste blog (están na aula virtual).
No exame haberá unha parte teórica e outra práctica. Na teórica, hai que saber responder e aplicar as cuestións indicadas como "cuestións de exame". Na práctica, haberá que resolver cuestións similares ás que aparecen nas actividades propostas.
As cuestións teóricas son as que seguen. Para máis detalles (audios coas solucións, actividades, etc.) entren nas páxinas que corresponden ao substantivo e ao adxectivo (na pestana superior).
Substantivo:
Xénero:
- Podes diferenciar nomes propios, comúns, individuais e colectivos? Como?
- Cales son os constituíntes do substantivo?
- A oposición de xénero, a que diferenzas remite? Exemplos.
- Como pode marcarse a oposición de xénero nos substantivos variables?
- Explica a formación do feminino en substantivos rematados en –ano, -an, -on. Tamén as excepcións.
- Diferenza (con respecto ó xénero) entre palabras do tipo artista / formiga.
- Observa o xénero dos substantivos invariables, p.e. letras, palabras rematadas en… (debedes saber as excepcións), etc.
- Explica os casos especiais (árbores froiteiras, cal, fin, fantasma-pantasma, personaxe).
- Explica que ocorre con substantivos tipo norte, nupcias, existencias, pantalón/s.
- Cales son os morfemas de número?
- Explica a formación do plural.
- Explica o plural das palabras rematadas en –l.
- Como fan o plural os estranxeirismos?
- E as palabras compostas?
Adxectivo:
- Diferenza entre adxectivo explicativo e especificativo. Exemplos.
- Como se comportan os morfemas de xénero e número no adxectivo? Diferencia estres 3 tipos: loiro / doce / medicas.
- Cales son os procedementos de gradación do adxectivo?
- Cando se usa como / coma?
- Cando se usa ca / (do) que?
- Escribe o comparativo e superlativo sintético de grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo.