TEORÍA. Cuestións de exame:
- Diferenza entre adxectivo explicativo e especificativo. Exemplos.
- Como se comportan os morfemas de xénero e número no adxectivo? Diferencia estres 3 tipos: loiro / doce / medicas.
- Cales son os procedementos de gradación do adxectivo?
- Cando se usa como / coma?
- Cando se usa ca / (do) que?
- Escribe o comparativo e superlativo sintético de grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo.
Para o exame, tes que saber estas cuestións sobre o adxectivo (teoría) e saber aplicalas na práctica. Tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, pp. 7 e 8.
Solucións ás cuestións, neste audio.
PRÁCTICA. Actividades.
a) ACTIVIDADES DO LIBRO: pp. 73-74, 12, 15.
Solucións:
Sempre me gustaron máis as ameixas que os/ ca os mexillóns. Brais deu rematado a sobremesa antes ca nós. Por facéreno mellor que a/ ca a túa curmá, víronse recompensados. Este restaurante non é tan caro como/coma aquel. las respectaron tanto á veciña como/ coma aos avós. Aínda que faga tanto como di, non llo cremos. No verán prefiro ir a Boiro ca á/ que á Coruña, aínda que sempre hai máis xente na praia ca/que na aldea. Resultou un partido moito máis emocionante do que esperabamos. O señor Xosé non é tan maior como parece. Ao final chegou Alba antes ca min
Isaac sempre foi máis fedello ca / que Andrea. Díxome que a mestra sempre lle berra máis a el ca ás / que ás rapazas
Este monte foi o máis queimado da provincia. | Superlativo relativo |
A nosa leira está máis anegada que a vosa. | Comparativo de superioridade |
David sempre foi máis rápido ca ti, pero despois da carreira do luns decatácheste de que ti es máis lento ca ninguén. | Comparativo de superioridade, comparativo de superioridade |
O seu diálogo é paupérrimo, fala moito, pero non ten nin unha soa idea interesante. | Superlativo absoluto sintético, positivo |
O 21 de decembro é o día máis curto do ano. | Superlativo relativo |
Catuxa ten o pelo longuísimo e non quere cortalo ata a lúa nova. | Superlativo absoluto sintético, positivo |
A letra de Alberte é menos clara que a de Daniel. | Comparativo de inferioridade |
Benxamín é tan alto como María, pero ten os pés máis grandes. | Comparativo de igualdade, comparativo de superioridade |
Onte foi un día ben caloroso, fomos á praia e voltamos queimadísimas. | Superlativo absoluto analítico, superlativo absoluto sintético |
b) OUTRAS ACTIVIDADES:
Actividades-Morfoloxía (aula virtual) , Actividades do adxectivo: pp. 58-61, 1, 2, 3 (10 primeiras), 4 (2 primeiras), 5 (primeira columna). Documento, na aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessofiacasanova/aulavirtual/pluginfile.php/35429/mod_resource/content/4/Actividades%20Morfolox%C3%ADa.pdf
Solucións, neste audio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario