PRONOME PERSOAL

Teoría na aula virtual: documento Morfoloxía-Teoría, pp. 11-15. Foi entregado na clase.

Titoriais explicativos: 

  1. Pronome persoal 1
  2. Pronome persoal 2
Cuestións teoría/práctica que hai que saber para exame:

  1. Localización (nun texto) de pronomes persoais (tónicos/átonos). Función sintáctica. Práctica.
  2. Valores especiais de nós. 
  3. Contracción preposicións de/en + el, ela, eles, elas. 
  4. Pronominalización. Uso de te/che, llo/llelo... Práctica.
  5. Reflexivos (CD). 
  6. Verbos pronominais: Tipos. Exemplos.
  7. Valores de se. Exemplos.
  8. Dativo de solidariedade. Exemplos. Ten función sintáctica?
  9. Dativo de interese. Exemplos. Ten función sintáctica?
  10. Contraccións entre as formas átonas do pronome. Atención a lle/lles + o, a, os, as. 
  11. Colocación do pronome. 
  12. Interferencias lingüísticas: 

  • Arcaísmo (inaceptable) *elo. 
  • 2º termo da comparación. É aceptable en galego "É máis alta ca eu"? Por que?
  • Como podes saber que un pronome "sobra" nunha construción? Isto é, a construción é correcta sen ese pronome e incorrecta co pronome.

Solucións  ao cuestionario-teoría do pronome persoal nesta ubicación.


Punto 4. Diferenza te/che.

A forma te é de CD; che de CI. Unha maneira doada de saber se hai que usar te/che é a que segue.

"Deixoute na casa" ou "Deixouche na casa"?

  1. Pasa a oración a 3ª persoa: Deixouno na casa / Deixoulle na casa. Obviamente, o correcto é o primeiro: deixouno.
  2. Fai a seguinte correspondencia: se entra o, é te; se entra lle, é che; se entra se é te. Dito doutro xeito: pasa a oración a o-lle-se (nesta orde). O-TE, LLE-CHE, SE-TE.


Punto 4. Llo/llos/llelo/llelos.

Recorda as contraccións. Deixoulle o libro: Deixoullo. Deixoulles os libros: Deixoullelos (lles+os).


Actividades do pronome persoal, do documento Morfoloxía-Actividades (pp. 64 a 72), aula virtual.

1. Función sintáctica (as 10 primeiras).

2. Pronome de cortesía (5 primeiras).

3. Colocación (xustificando), 10 primeiras.

5. Te/Che: 10 primeiras.

7. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).

9. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).

10. Pronome de solidariedade, 2 de cada apartado.


Solucións:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MORFOLOXÍA 1ª AVALIACIÓN

1ª avaliación: Substantivo e adxectivo . Teoría.  Na aula virtual e nos apuntamentos entregados na clase. Práctica. Actividades marcadas no...