TEORÍA. Apuntamentos, na aula virtual. Foron entregados na clase.
Cuestións de exame.
Para o exame, hai que saber responder as seguintes cuestións sobre o substantivo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, o documento Morfoloxía- Teoría (aula virtual), das pp. 3 a 6. Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.
- Podes diferenciar nomes propios, comúns, individuais e colectivos? Como?
- Cales son os constituíntes do substantivo?
- A oposición de xénero, a que diferenzas remite? Exemplos.
- Como pode marcarse a oposición de xénero nos substantivos variables?
- Explica a formación do feminino en substantivos rematados en –ano, -an, -on. Tamén as excepcións.
- Diferenza (con respecto ó xénero) entre palabras do tipo artista / formiga.
- Observa o xénero dos substantivos invariables, p.e. letras, palabras rematadas en… (debedes saber as excepcións), etc.
- Explica os casos especiais (árbores froiteiras, cal, fin, fantasma-pantasma, personaxe).
- Explica que ocorre con substantivos tipo norte, nupcias, existencias, pantalón/s.
- Cales son os morfemas de número?
- Explica a formación do plural.
- Explica o plural das palabras rematadas en –l.
- Como fan o plural os estranxeirismos?
- E as palabras compostas?
Palabras rematadas en: | Engaden: | Exemplos | |
Vogal | |||
-L | |||
-X | |||
-R | |||
-Z | |||
-S | |||
Resto |
As solucións ás cuestións de exame, neste audio.
Xénero:
Importante:
A epiderme, a derme, a mansedume, rematan en -ME, pero son substantivos femininos.
O convite, remata en -ITE, pero é masculino (procede do catalán convit).
PRÁCTICA: ACTIVIDADES.
A) Libro, pp. 71 e seguintes: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8. Solucións:
1. Indica o xénero dos seguintes substantivos poñéndolles un determinante adecuado:
a sintaxe | o labor | o fel | o testemuño | o eme | a homenaxe | a glote |
o convite | o legume | o cume | a epiderme | a análise | o nariz | o eixe |
a dor | o exame | o garaxe | o betume | a cor | a éxtase | cal ** |
a tese | o horror | personaxe * | a arte | a árbore | a artrite | a paisaxe |
* Personaxe ten os dous xéneros: a personaxe / o personaxe. ** Homónimos: “a cal” (sinónimo de “canle”) / “o cal” (óxido cálcico) |
2. Pasa a feminino os seguintes termos:
Ferrolá | sandía | vacúa | vampira vampiresa | chinesa | americana | xudía |
Heroína | libreira | pola | caseira | irmá | humana | pailana |
escritora | bailarina | urbana | ladroa | burguesa | cirurxiá | xornalista |
doutora | escocesa | sogra | actriz | catalá | nora | aldeá |
3. Pasa a plural as seguintes oracións. Repara nos verbos e noutros elementos que teñas que modificar:
Os cónsules do Brasil regaláronlles uns lapis coa bandeira do país /coas bandeiras dos países.
Dóenme os cadrís porque esvaramos coas peles duns limóns e caemos polas escaleiras.
Foron nas barcas e pescaron uns ollomoles e uns xurelos antes de que lles romperan as redes.
As súas irmás viven neses dúplex que se ven desde os túneles.
Nas películas os mísiles impactan contra as torres uns meses despois dos naufraxios dos acoirazados onde os capitáns dispararan cuns revólveres aos polisóns.
Os sapoconchos que tedes nos xardíns son uns lacazáns, nunca soben máis duns chanzos.
Os luns sempre son iguais: hai que comezar a semana e levar os rapaces aos doutores.
Sara ten unhas fotos dos dolmens que visitamos nos álbums.
4. Indica o substantivo colectivo que lle corresponde a cada un destes individuais:
lobo | manda | día | semana / quincena / mes | óso | osamenta / esqueleto |
proletario | proletariado | abella | enxame | prato | vaixela / louza |
pregunta | cuestionario / enquisa | montaña | cordilleira / cadea / serra | estrela | constelación |
porco | illa | arquipélago | libro | colección / librería |
5. Redacta dúas oracións para cada un dos seguintes substantivos, unha como abstractos e outra como concretos: facultade, beleza, papel, punto, asento, amizade.
Resposta aberta
66. Fai o mesmo agora, con estoutros, alternando entre continuos e descontinuos: herba, viño, area, pelo, cristal, tolería.
Resposta aberta.
7. 7. Nas palabras indicadas no libro, indica os morfemas de xénero e número. Indica tamén se son simples, derivadas ou compostas:
carteir-o derivada | año simple | diari-o derivada | vidreir-a derivada | veciñ-o simple |
vacaloura composta | leiriñ(a). Hai leiro/a derivada | engurrad-a-s derivada | adega simple | homazo derivada |
anaco simple | camiñante derivada | matarrat-o-s composta | super-mercado derivada | xordomudez parasintética |
lareira derivada | canil derivada | mosquiteir-o derivada | furabolo-s composta | basead-o derivada |
B) Outras actividades: Do documento, "Morfoloxía: Actividades", na aula virtual.
Exercicio 1. As 5 primeiras de cada columna. En todas elas tedes que indicar "A oposición de xénero remite a diferenzas de a) Sexo, b) Forma, tamaño ou profundidade, c) Individual/Colectivo(páx. 4 de Morfoloxía-Teoría).
Exercicio 2. As 20 primeiras da 1ª columna. Tedes que indicar o procedemento utilizado para marcar a oposición de xénero (páx. 4 de Morfoloxía-Teoría).
Exercicio 5. Só as palabras da páx. 54.
Solucións, nesta ligazón.
1.- Explica as diferenzas entre os seguintes pares de palabras: bolso-bolsa, caldeiro-caldeira, cancelo-cancela, caxato-caxata, cuartillo-cuartilla, pipo-pipa, porto-porta, pozo-poza, rato-rata, río-ría.
"A oposición de xénero remite a diferenzas de...”
2.- Forma o feminino das seguintes palabras. Indica o procedemento utilizado en cada caso.
Tecelán, carneiro, abade, neno, poeta, ladrón, sacerdote, avó, príncipe, cónsul, ateo, home, autor, cabaleiro, frade, patrón, vizconde, langrán, sogro.
5.- Pon as seguintes palabras en plural. En cada caso, indica o morfema de número.
Local, fusil, tren, paraugas, áxil, rapaz, mil, dólar, a, plural, cor, cónsul, venres, gardacivil, exalumno, fácil, rei, anel, dolmen, un, xudeu.
Ademais... xirasol, lei, porcoteixo, decreto lei, fiel, bo, cru, test, cartafol, caracol, israelí, proxectil, tándem
No hay comentarios:
Publicar un comentario